Financiado por:
/ Medio ambiente

Impacto químico dos plásticos no mar

12-02-2015 - MEDIO AMBIENTE

O plástico é un material inerte, por si mesmo non ten toxicidade pero si contén aditivos que poden resultar daniños en elevadas concentracións para o medio e os animais mariños. A lexislación internacional esixe a ampliación do listado de contaminantes mariños, que ata agora contén metáis pesados, hidrocarburos poliaromáticos, organoclorados e organobromados, a sustancias de uso farmacéutico, limpadores, pesticidas e aditivos de plásticos.

Financiado a través dos fondos do FEDER o proxecto Impacta, que conta coa participación de investigadores dos centros de Vigo e Murcia do Instituto Español de Oceanografía, así como das universidades de Vigo e A Coruña, ten como obxectivo caracterizar a distribución de contaminantes regulados e emerxentes, así como microplásticos en sedimentos costeiros da ría de Vigo e do mar Menor e da plataforma das costas atlántica e mediterránea.

Este traballo contribuirá a definir os grupos de contaminantes e biomarcadores asociados que poderán incluírse en futuros programas de seguimento europeos, así como avaliar o papel dos microplásticos na dispersión e transferencia de contaminantes no medio mariño.

O proxecto Impacta determinará os efectos biolóxicos que poden provocar os contaminantes así como os efectos conxuntos dos contaminantes presentes mediante bioensaios de embriotoxicidade de mostras de sedimento costeiro e tamén en ensaios de exposición de especies mariñas de diferentes niveis tróficos a unha selección de substancias que inclúen fármacos, pesticidas, compostos perfluorados ou de coidado persoal.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS