Financiado por:
/ Medio ambiente

Guía para o desenvolvemento de programas nacionais de control da contaminación atmosférica

05-03-2019 - COMISIÓN EUROPEA

O presente documento orientativo, elaborado con arranxo ao artigo 6, apartado 9, da Directiva, ten por obxecto axudar aos Estados membros a elaborar o seu Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica inicial para presentalo á Comisión como moi tarde o 1 de abril de 2019.

Guía para o desenvolvemento de programas nacionais de control da contaminación atmosférica en virtude da Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos.

A Directiva (UE) 2016/2284, relativa á redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos, tamén coñecida como a nova Directiva sobre teitos nacionais de emisión (Directiva TNE) está deseñada para continuar reducindo a contaminación atmosférica e os riscos que comporta para o medio ambiente e a saúde humana. A Directiva establece, para cada Estado membro, compromisos futuros de redución de emisións de óxidos de nitróxeno (NOx), dióxido de xofre (SO2), amoníaco (NH3), compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM) e partículas finas (PM2,5). Espérase que o cumprimento destes compromisos contribúa tamén ao obxectivo a longo prazo que se fixou a Unión, consistente en alcanzar uns niveis de calidade do aire acordes coas directrices da Organización Mundial da Saúde (OMS) relativas á calidade do aire.

Os artigos 6 e 10 da Directiva esixen que os Estados membros establezan, como moi tarde o 1 de abril de 2019, un programa nacional inicial de control da contaminación atmosférica (PNCCA), que deberá actualizarse periodicamente, como mínimo cada catro anos. A Directiva determina o contido destes PNCCA, principalmente no seu artigo 6 e no anexo III, parte 1. De conformidade co artigo 6, apartado 10, da Directiva, a Comisión especificou o formato dos PNCCA na súa Decisión de Execución (UE) 2018/1522.

O documento orientativo, está estruturado en catro capítulos, nos cales se aborda, respectivamente, o formato destes plans, o seguimento do progreso da súa execución, as consultas sobre os PNCCA e a difusión dos plans. O apéndice ofrece un conxunto de ferramentas que poden resultar útiles para a análise e a selección de políticas e medidas adicionais para cumprir os compromisos de redución de emisións. Este documento orientativo pode ser modificado en función das necesidades para apoiar as actualizacións dos PNCCA.

Ligazón á Guía para el desarrollo de programas nacionales de control de la contaminación atmosférica.

Fonte: DOUE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS