Fumigando con glifosato23-06-2016 - SaúdeA pesares de que o glifosato está a ser obxecto de forte debate na UE polos riscos evidentes para a saúde e o medio ambiente ten o seu emprego, o certo é que, incumprindo un elemental principio de precaución, o seu uso segue a ser masivo en moitos zonas. Na Galiza e nesta época, moitas vías de comunicación, estradas e camiños de ferro, están a ser fumigadas con glifosato para eliminar a vexetación das beiras. Para mostra, a imaxe dun "comboio fumigador" no núcleo urbano de Teixeiro. | ![]() |
|---|
Neste caso concreto, o comboio pasou pola poboación esparexendo o glifosato en zona urbana, "fumigando" a un peón que transitaba baixo unha vía elevada. Este comboio, que acada 70 km/h, pode fumigar ambas as dúas beiras a unha distancia de até 30m. ADIF, o xestor de infraestruturas ferroviarias estatal, dispón de vaios comboios fumigadores provistos de depósitos e sulfatadoras.
No Concello de Ponteareas, que se ten declarado "libre de glifosato", a Xunta segue a empregar este produto nas estradas da súa competencia.