Financiado por:
/ Medio ambiente

Fracking: en tres días publícanse tres informes alertando dos perigos desta técnica

19-05-2014 - Medio ambiente

O primeiro, céntrase no feito de que as emisións de metano rexistradas nos pozos de fracking son moi superiores ao que admitiran as autoridades ambientais, no segundo se informa sobre os miles de toneladas de residuos radiactivos de baixa intensidade que xera o fracking e o terceiro, céntrase nos efectos do fracking na saúde pública.

O primeiro, publicado o 14 de abril, nos Proceedings of the National Academy of Sciences, céntrase no feito de que as emisións de metano rexistradas nos pozos de fracking son moi superiores ao que admitiran as autoridades ambientais norteamericanas (EPA). Os autores do estudo identificaron un amplo fluxo de metano sobre unha ampla área do sudoeste de Pennsylvannia (área Marcellus) con varios puntos de emisión elevada. Como é ben sabido, o metano é un gas cuxo efecto invernadoiro é trinta veces máis potente que o do dióxido de carbono, e as emisións de metano son un dos riscos ambientais importantes do fracking.

O segundo documento é unha reportaxe da axencia Bloomberg publicada o 15 de abril, no que se informa sobre os miles de toneladas de residuos radiactivos de baixa intensidade que xera o fracking, potenciando os vertedoiros ilegais e facendo crecer a preocupación das autoridades locais, que non saben onde fixar os límites ao almacenamento deste tipo de residuos, atrapadas entre os grupos defensores do medio ambiente, que esixen unha regulación estrita, e a industria, que alega que xa adopta as precaucións suficientes.

O terceiro, publicouse o 16 de abril, na revista Environmental Health Perspectives e é a primeira revisión sistemática da literatura científica sobre os efectos do fracking na saúde pública. O estudo encontra que a maior parte das investigacións efectuadas apunta na dirección de que os riscos en forma de concentracións elevadas de substancias tóxicas no medio ambiente son importantes, aínda que deben ser confirmados. Os investigadores conclúen que "non" se demostrou que se trate dun proceso seguro".

 

Fonte: Commondreams

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS