Galiza
dispón dunha superficie de 29.574 km2, dos que un 95´5% (28.108,7 km2)
corresponden con terreos cinexéticos.
Dentro deles, existen 454 tecores que ocupan unha
extensión dunhas 270.402,4 ha., cunha superficie media de 5.956 hai. Constan 23
explotacións cinexéticas comerciais autorizadas. A actividade económica que
move a caza cífrase no ámbito dos 90 millóns de euros anuais.
Entre as principais novidades desta Lei poden destacarse:
- Introduce novidades na xestión dos terreos cinexéticos: permite a regulación
dos vedados de caza autorizando a repartición da superficie mínima do 10% do tecor, que impón a lei, en porcións menores (de ata 50 ha); elimina o deber dunha duración mínima de vedado.
-
Refórmase o réxime de aplicación das zonas de seguridade (aquelas nas que,
como norma xeral, non está permitida a práctica da caza, circular con armas
cargadas ou disparar na súa dirección). No texto, as zonas de seguridade ocupan
un capítulo específico e concrétase que terán a consideración de zonas de
seguridade as vías públicas, sempre que se encontren debidamente sinalizadas
como tales, así como as súas marxes e servidumes.
Ademais, contémplase que, con carácter excepcional, poderá autorizarse a caza
nas marxes das vías públicas, así como nas canles e marxes dos ríos e regueiros
que atravesen terreos cinexéticos ou constitúan o límite entre eles, se as
condicións permiten o exercicio seguro da caza (previa a autorización
correspondente).
Define
o cazador como elemento fundamental da caza, sinálalle os seus deberes e
fíxanse de xeito expreso as súas responsabilidades no exercicio desta
actividade.
- Delimita a responsabilidade dos titulares dos tecores
e das explotacións cinexéticas comerciais.
-
Establece a figura do responsable das cazarías, figura clave para a
organización das cazarías colectivas de caza maior a quen lle corresponde velar
porque se cumpran as normas éticas e de seguridade no desenvolvemento da acción
venatoria. Incorpórase o Fondo de
Corresponsabilidade, que se dotará con fondos presupostarios e que intentará
poñer en marcha accións preventivas e paliativas dos danos que causen as
especies cinexéticas.
-
Créase a figura do garda de caza, como voluntaria para os terreos cinexéticos
sometidos a réxime especial, con funcións de coidado e control da actividade
cinexética no ámbito territorial para o cal sexa contratado.
-
O réxime sancionador mantén algúns tipos infractores, modifica a redacción
doutros e incorpora como infraccións propiamente ditas, condutas que a lei 4/97
contemplaba como ilícitas pero que logo non cualificaba como infraccións.
Fonte: Ambientum/ CMATI
Ligazón á Lei de caza de Galiza : http://saude-laboral.galizacig.com/novas/6-3-2013/recursos-naturais-e-biodiversidade