Financiado por:
/ Medio ambiente

Enerxía das ondas

16-03-2016 - Proxecto Life

O proxecto LifeDemoWave liderado pola Universidade de Vigo, foi seleccionado na convocatoria Life. Esta convocatoria é o instrumento financeiro da UE para apoiar proxectos ambientais de conservación da natureza e de acción climática. Dende o 1992 cofinanciou en torno a 4300 proxectos. O proxecto LifeDemoWave conta cun orzamento previsto de 1.836.000 millóns de euros, tres anos de execución e se centrará na demostración da viabilidade do uso de enerxía das ondas para a xeración eléctrica en zonas de alto consumo de enerxía.

O proxecto consiste na instalación, previsiblemente en Punta Langosteira de dous prototipos de xeración undimotriz  de 25 kW cada un (un hidráulico e outro mecánico) que permitan avaliar a viabilidade do uso desta tecnoloxía incluso en situacións extremas, como as derivadas de temporais. Está previsto que os xeradores entren en funcionamento dentro de dous anos, unha vez rematada a primeira fase de deseño e construción dos prototipos. Aínda que a potencia dos equipos é pequena, os investigadores esperan poder desenvolver xeradores comerciais de a lo menos 20 veces esta potencia.

En relación aos resultados do proxecto, destacar a nivel ambiental a posible redución de emisións de CO2, en torno a 49 toneladas/ano; estudiaranse o impacto ambiental no medio mariño e nas augas costeiras, contaminantes da auga, niveis de ruído e atenuación da onda que poidan producir os equipos. Económicamente, se espera que os prototipos estén operativos uns trescentos días ao ano acadando unha produción de 200.000 KWh, cun custe de 7,65 centimos de euro por KWh (no Estado español o custe é de 19 céntimos por  KWh)  Por outra banda, a través de indicadores analizarase o estado ambiental do medio mariño e as augas costeiras, analizando os contaminantes da auga, os niveis de ruído e a atenuación da onda que poidan provocar os prototipos.

A convocatoria Life comprende dous programas, o de Medio Ambiente e o de Acción Climática. Este proxecto, que se presenta ao subprograma de Acción Climática, verá financiado a través da convocatoria Life un 60% do seu orzamento.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS