Financiado por:
/ Medio ambiente

Deseñan un mapa que delimita as zonas máis expostas ao radón da península

17-07-2013 - Saúde

A maior fonte de radioactividade natural é o gas radón. A OMS clasifica a exposición a este gas como a segunda causa máis importante de cancro de pulmón nalgúns países. Orixinado pola desintegración do radio e do uranio, presentes nos chans, o radón emana até a superficie e penetra, por difusión ou convección, nas vivendas.

Como é inodoro, a súa presenza pasa inadvertida e a única forma de pescudar se se está exposto a concentracións nocivas é a través de medicións. No Estado español, nunca até agora realizarase unha análise en toda a península. "Este é o primeiro mapa no que se identifican a nivel peninsular as áreas con risco de radón", explica Alfonso García-Pérez, investigador do departamento de Estatística, Investigación Operativa e Cálculo Numérico da UNED e un dos autores do estudo.

A investigación, na que participa o Consello de Seguridade Nuclear (CSN), emprega métodos estatísticos para cualificar unha zona como de risco significativo ao radón. O CSN recomienda que nas vivendas non se superen concentracións medias anuais de radón de 300 Bq/m3(becquerelios por metro cúbico de aire). Este mesmo valor aparecerá recollido na futura Directiva Europea sobre Protección Radiológica,  aínda que a recomendación actual é de 400 Bq/m3.
O artigo, publicado na revista Journal of Radiological Protection, mostra como, en practicamente toda Galicia, o oeste de Asturias, a parte máis occidental de Castela e León, Estremadura e zonas noroccidentais de Andalucía, unha porcentaxe significativa dos edificios ten niveis superiores a 300 Bq/m3.

"En xeral, as concentracións máis elevadas do gas danse nos sotos e nas plantas baixas e redúcense a valores de practicamente a metade a partir da segunda planta", apunta Marta García-Talavera, técnica do Consello de Seguridade Nuclear e autora principal do traballo.

A serra da Comunidade de Madrid e algúns puntos de Cataluña e de Pirineos tamén son áreas con niveis superiores deste gas. "Case todas estas zonas teñen en común que os seus chans se desenvolveron a partir de formacións do dominio Hercínico, constituído, principalmente, por rocas precámbricas e paleozoicas", engade a experta.
Estes terreos hercínicos caracterízanse por unha alta concentración de elementos radioactivos da cadea do uranio e, por tanto, por unha maior xeración de radón, en comparación, por exemplo, cos materiais calcáreos e evaporíticos do Terciario, ou coas terrazas e as formacións aluviales e diluviales do Cuaternario.

Para elaborar o mapa, os científicos usaron un test de hipótese, a partir de medicións reais do gas en vivendas, que procedían dunha base de datos con 11.000 medicións de exposicións ao radón en fogares.
Xunto a esta base, os expertos utilizaron o mapa de radiación gamma natural de España, elaborado polo CSN, e os mapas relativos a rocas e minerais,  litoestratigráfico e metalogenético, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.
"A investigación poderá servir de base para o desenvolvemento de regulación e normativa nova", conclúe García-Pérez.

Referencia bibliográfica:

M. García-Talavera, A. García-Pérez, C. Rey y L. Ramos. “Mapping radon-prone areas using y–radiation dose rate and geological information”, Journal of Radiological Protection, 33, 2013. DOI: 10.1088/0952-4746/33/3/605.

 

Fonte: divulgauned.es

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS