Financiado por:
/ Medio ambiente

Contaminación lumínica en Galiza

30-06-2015 - Medio ambiente

A través da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, a Universidade de Santiago de Compostela e Meteogalicia colaboran na avaliación dos niveis de contaminación lumínica co fin de mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galiza. Os datos das medicións recollense de trece detectores instalados en outras tantas estacións metereolóxicas de Meteogalicia. Os detectores están distribuídos en zonas urbanas e periurbanas, fortes emisoras de luz, e en zonas de menor emisión lumínica como áreas rurais, de montaña e no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Os datos obtidos indican que nas estacións rurais, de montaña e non Parque das Illas Atlánticas o brillo cenital en noites despexadas é entre 1,6 e 4 veces superior ao que se considera unha noite escura en condicións naturais; nas áreas urbanas o brillo cenital pasa a ser entre 10 e 40 veces superior.

A información que proporciona este proxecto sirve ademáis de mellorar a planificación das medidas de eficiencia enerxética, para acrividades astronómicas. En concreto, para a iniciativa Starlight promovida pola Unesco, que certifica si as condicións dos ceos nocturnos permiten unha observación astronómica de calidade.

Os resultados das medicións poden consultarse na web de Meteogalicia, onde se amosan datos de máis de catro millóns e medio de medicións realizadas durante o ano 2014.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS