Financiado por:
/ Medio ambiente

Cartografía da polución sonora dos océanos

01-04-2015 - Medio ambiente

O Laboratorio de Aplicacións Bioacústicas (LAB) da Universitat Politécnica de Catalunya traballará nun proxecto que ten como fin medir o impacto do ser humano no mar. O proxecto “20.000 sonidos baixo o mar” terá lugar dentro da expedición denominada “The Ocean Mapping Expedition” e desenvolverase durante catro anos a bordo do veleiro suízo Fleur de passion, dotado de sensores de última tecnoloxía que detectarán e clasificarán os sons tanto de orixe humano como naturais, durante o recorrido do barco por todo o mundo. O sistema enviará en tempo real os sons, así como as imaxes das cámaras submarinas que se empregarán durante o proxecto, aos investigadores do LAB; estos datos serán de acceso público na web da expedición .

O interés científico da expedición céntrase en coñecer o impacto que teñen os sons no medio ambiente e na vida mariña; durante o tempo que dure o proxecto analizaranse as consecuencias da contaminación sonora nos océanos así como a influenza dos sons de orixe humana no seu equilibrio.

A expedición inicia o seu percorrido o día 12 de abril e xunto con este proxecto desenvolverase tamén o programa científico Micromegas, proxecto que recollerá mostras periódicas de auga de mar para avaliar o contido de contaminantes plásticos. As mostras serán  investigadas pola asociación suíza Oceaneve e se analizarán en colaboración co Laboratorio Central de Medio Ambiente da Escola Politécnica Federal de Lausana (EPFL); os resultados remitiranse ao Programa Ambiental das Nacións Unidas (UNEP).

O obxectivo final da expedición é observar, cartografíar e coñecer o estado dos océanos, así como os problemas que representa o impacto humano neste medio.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS