Financiado por:
/ Medio ambiente

Cambio climático e Terra

29-06-2020 - IPCC

Informe especial do IPCC sobre o cambio climático, a desertificación, a degradación da terra, a xestión sostible da terra, a seguridade alimentaria e os fluxos de gases de efecto invernadoiro nos ecosistemas terrestres.

O  IPCC é o órgano das Nacións Unidas para avaliar a ciencia relacionada co cambio climático. Foi establecido polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) en 1988. Prepara informes de avaliación completos sobre o estado dos coñecementos científicos, técnicos e socioeconómicos sobre o cambio climático, os seus impactos e riscos futuros, e opcións para reducir a velocidade á que se está producindo o cambio climático. Tamén elabora informes especiais sobre os temas acordados polos seus gobernos membros, así como informes de metodoloxía que proporcionan directrices para a preparación de inventarios de gases de efecto invernadoiro.

Entre os informes recentes está ou informe especial Cambio climático e Terra, que trata sobre o cambio climático, a  desertificación, a degradación da terra, a xestión sostible da terra, a seguridade alimentaria e os fluxos de gases de efecto invernadoiro nos ecosistemas terrestres.

No documento recoméndase a posta en marcha de “políticas que reduzan o malgasto de comida e inflúan na elección de determinadas opcións alimentarias”, en alusión a dietas menos  carnívoras e que reduzan a poboación obesa ou con sobrepeso, próxima aos 2.000 millóns de persoas.

Segundo o informe, malgástase entre un 25 e un 30 por cen da comida que se produce no planeta, polo que combater este problema pode rebaixar as presións por reducir bosques e aumentar o chan agrícola, contribuíndo así a unha redución das emisións de CO2 (principal gas causante do efecto invernadoiro).

Tamén se propón retomar prácticas agrícolas, gandeiras e  silvícolas das poboacións indíxenas tradicionais, xa que segundo o documento “a súa experiencia pode contribuír aos desafíos que presentan o cambio climático, a seguridade alimentaria, a conservación da biodiversidade e o combate da desertización”.

Ligazón ao documento

Acceso a outros informes de IPCC

https://www.ipcc.ch/about/history/

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS