Bulldóceres e excavadoras pasan por riba das seis figuras de protección da lagoa de Vadoviño13-11-2014 - MEDIO AMBIENTEA Dirección Xeral de Conservación da Natureza anunciou o comezo dunha “nova e irracional alteración da lagoa da Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal”, segundo denuncia Adega. A plataforma ambientalista considera que “de nada serviron as seis figuras de protección que posúe A Frouxeira”, á vez que alerta que “os bulldóceres xa están instalados sobre as dunas grises (hábitats prioritarios) e só agardan a orde para iniciar o baleirado artificial da lagoa”. |
---|
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza entende que a Xunta (“que no seu momento permitiu a construción dun deficiente paseo litoral emprazado por baixo da cota de inundación ordinaria do humidal”), prefire degradar e alterar o equilibrio ecolóxico deste espazo, antes que modificar unha obra impactante “que nunca debeu construírse dese xeito”.
Unha administración que non achega solucións
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, executora da apertura, é “promotora dun nefasto e mutilado Plano de Conservación que non achega ningunha solución aos graves problemas que sofre este espazo”. No último rascuño deste Plano, afirma Adega, presentado ante a COGAMADES, exclúese, por exemplo, a presenza na Frouxeira de hábitats naturais protexidos amplamente distribuídos e recollidos en distintos documentos técnicos.
Adega considera que os reponsables políticos da natureza galega “deberían xestionar os nosos espazos naturais, e concretamente a lagoa da Frouxeira, con criterios racionais e científicos, cumprindo as leis e evitando a degradación ou destrución dos compoñentes da biodiversidade e da xeodiversidade”.
Perante o inminente inicio do operativo de baleirado anunciado pola Dirección
Xeral de Conservación da Natureza, e ante os probables novos danos ao humidal
protexido, Adega vén de apelar á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG, ao Comité
Español de Humidais e á Secretaría da Convención Ramsar.
A lagoa da Frouxeira é un humidal de importancia internacional, que conta con algunhas das máis importantes figuras de protección para este tipo de espazos (ZEPVN, humidal protexido, humidal sensible, LIC, ZEPA, e Ramsar).
Fonte: sermosgaliza.gal
O día 12 de novembro de 2014 o DOG publica a aprobación da Memoria ambiental do plan de conservación da Lagoa de Valdoviño. Para consultalo podes acceder á web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras a través da ligazón de Plans e programas de avaliación ambiental estratéxica, introducindo o código do plan 1596/2013 ou directamente premendo nesta ligazón.