Axencia Europea de Medio Ambiente15-12-2010 - (AEMA)A Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) é un organismo da Unión Europea. O seu labor é ofrecer información sólida e independente sobre o medio ambiente. É a fonte principal de información para os responsables do desenvolvemento, a aprobación, a execución e a avaliación das políticas ambientais, e tamén para o gran público. Na actualidade, a AEMA ten 32 países membros. | ![]() |
|---|