Financiado por:
/ Medio ambiente

As renovables aforrarán a Europa 3 billóns de euros

22-11-2012 - MEDIO AMBIENTE

As últimas conclusións do estudo publicado polas organizacións Greenpeace e o Consello Europeo de Enerxía Renovable indican que o uso de fontes renovables de enerxía sen importar combustibles fósiles como o petróleo, carbón e gas natural, poden reportarlle á Unión Europea un aforro de tres billóns de euros ata o 2050.

Esta cantidade podería cubrir o custo do cambio do actual modelo enerxético dos 27 países do bloque europeo.


Revolución Enerxética

 De acordo coas estimacións da investigación, a construción dun sistema enerxético limpo ata o 2020 estaría en menos de 0,7 céntimos de euro por kWh, ademais de xerar 500.000 postos de traballo neste campo en toda a Unión Europea (UE).

Calcúlase que en 2030, máis de 375.000 persoas deberían estar empregadas directamente no sector, 160.000 en terra e 215.000 en plantas mariñas.

Tanto Greenpeace coma o Consello Europeo de Enerxía consideran viable o impulso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética para que nese ano a devandita práctica estea xeneralizada e sexa de estrito cumprimento.

A UE espera que dentro de 10 anos o 20 por cento das súas demandas enerxéticas poidan cubrirse sen o uso de combustibles fósiles, hoxe cóbrense nun 12,5 por cento, meta que aspiran situar en 45 por cento no ano 2030 e nun 90 por cento para o 2050.


Anos 70, inicio do cambio

 As enerxías renovables empezaron a desenvolverse en Europa a partir das crises do petróleo dos anos 70 ante o perigo de que algún día os recursos fósiles se esgotarían, e cando se comprobou que o emprego do carbón e o petróleo non respondían ao novo requisito de desenvolvemento sostible.

Ese bloque é responsable do 14-15 por cento do consumo mundial de enerxía e o maior importador de petróleo, o 19 por cento do consumo mundial e de gas (16 por cento do planeta).

 

Fonte de Datos: Portal Enxeñeiros

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS