Financiado por:
/ Medio ambiente

As TIC poderían reducir un 20% as emisións de carbono previstas para 2030

25-06-2015 - MEDIO AMBIENTE

Segundo o informe SMARTer2030, o potencial dos cambios provocados polas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) diminuiría nun 20% as emisións de carbono, aumentaría en máis de 11 billóns de dólares os novos beneficios económicos, 1.600 millóns de persoas poderían ter atención sanitaria on line e os rendementos agrícolas subirían un 30%.

As conclusións do estudo, realizado pola Global e-Sustainability Initiative –GeSI- e Accenture -NYSE: ACN-, “mostran que as TIC teñen a capacidade de facer que o mundo en 2030 sexa máis limpo, san e próspero con maiores oportunidades para todas as persoas", afirma Luis Neves, presidente de GeSI.

As TIC poden permitir unha redución do 20 por cento das emisións de CO2e en 2030, manténdoas nos niveis do 2015.

Espérase diminuír a "pegada" das emisións das TIC ao 1,97 por cento das emisións globais para o 2030, comparado co 2,3 por cento previsto no 2020.

Incrementaríanse nun 30 por cento os rendementos agrícolas.

Aforraríanse 25 mil millóns de barrís de petróleo ao ano e 300 billóns de litros de auga.

Unha avaliación de oito sectores da economía mundial -enerxía, alimentación, industria, saúde, construción, traballo/negocios, aprendizaxe, mobilidade/loxística- mostra como as TIC poderían xerar máis de 11 billóns de dólares de beneficios económicos ao ano en 2030.

Conectarán 2.500 millóns de persoas á 'economía do coñecemento" en 2030, dando acceso a máis de 1.600 millóns de persoas á atención sanitaria e a máis de 500 millóns de persoas a ferramentas de aprendizaxe en liña.

Para desenvolver plenamente este potencial, o estudo sinala que os políticos deben ser responsables para desenvolver actuacións concretas sobre o medio ambiente,  as empresas deben recoñecer o potencial para o investimento sostible das TIC e "os consumidores teñen que animarse a adoptar solucións tecnolóxicas que promovan a eficiencia dos recursos", conclúe a análise.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS