Financiado por:
/ Medio ambiente

Aprobado o Programa Estatal de Prevención de Residuos para o período 2014-2020

23-01-2014 - RESIDUOS

As catro liñas estratéxicas, que aspiran a conseguir unha redución de residuos do 10 por cento, son a diminución da cantidade de residuos, a reutilización e alongamento da súa vida útil, a redución do contido de substancias nocivas en materiais e produtos, así como dos seus impactos sobre a saúde humana e o medio.

O Consello de Ministros aprobou este venres o Programa Estatal de Prevención de Residuos para o período 2014-2020, que aspira a conseguir unha redución destes do 10 por cento.

O plan incorpora catro liñas estratéxicas de prevención e identifica as áreas de produtos ou sectores de actividade nas que se actuará de xeito prioritario.

As catro liñas estratéxicas son a diminución da cantidade de residuos, a reutilización e alongamento da súa vida útil, a redución do contido de substancias nocivas en materiais e produtos, así como dos seus impactos sobre a saúde humana e o medio.

Para cada liña, identifícanse as áreas de produtos ou sectores de actividade nas que se actuará prioritariamente e sobre as que se propoñerán as medidas de prevención máis efectivas. A súa posta en práctica dependerá de múltiples accións en distintos ámbitos.

No Plan estarán implicados tanto os fabricantes como o sector da distribución e o dos servizos, así como os consumidores e usuarios finais e as administracións públicas.

O Plan recolle tamén que o impulso de medidas tendentes a previr os residuos proporciona o mellor resultado ambiental e económico e constitúe un elemento clave para avanzar cara a unha economía sostible.

O Programa Estatal de Prevención aprobado desenvolve a política de prevención de residuos co obxectivo último de reducir os residuos xerados en 2020 nun 10 por cento respecto do peso dos residuos xerados en 2010 e considera unha avaliación bienal dos avances logrados en materia de prevención.

O programa, seguindo a clasificación da normativa actual sobre residuos, diferencia tres grupos de medidas de prevención: as que afectan ao establecemento das condicións na xeración de residuos (marco xurídico normativo, de planificación e de actuación das administracións), as relativas á fase de deseño, produción e distribución dos produtos, e as que se refiren á fase de consumo e uso.

Podes acceder á Resolución e ao Anexo co contido do Programa de Prevención de Residuos para o periodo 2014-2020 a través da nosa web, no apartado de "Medio ambiente"-"Lexislación Medioambiental"-"Residuos" ou premendo nas ligazóns.

 

Fonte: europapress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS