Financiado por:
/ Medio ambiente

Aprobada a Estratexia Estatal para a Conservación dos Polinizadores

30-10-2020 - MEDIO AMBIENTE

A Conferencia Sectorial de Medio Ambiente aprobou na súa reunión do pasado 21 de setembro de 2020, a Estratexia Estatal para a Conservación dos Polinizadores e de conformidade co disposto no artigo 60.1, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, dáse publicidade mediante Resolución do 15 de outubro de 2020, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, en materia de patrimonio natural e biodiversidade.

Resolución do 15 de outubro de 2020, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, en materia de patrimonio natural e biodiversidade.

O estado de conservación das especies e poboacións de polinizadores preocupa a escala internacional. Recentes estudos no ámbito europeo mostran o risco de extinción dunha porcentaxe significativa de taxones;

A información dispoñible mostra a vulnerabilidade de certos grupos e especies. Requírese, por iso, da adopción de medidas de conservación urxentes. A súa conservación esixe, ademais, a preservación dos hábitats imprescindibles para a súa supervivencia aplicando, unha vez identificados e avaliados, medidas e accións de protección que poderán integrarse nos instrumentos de xestión existentes ou futuros.

Estes elementos do territorio deberán estar adecuadamente interconectados, un aspecto para o que as iniciativas relacionadas coa infraestrutura verde poderán desempeñar un papel crave nun futuro inmediato.

Han de considerarse e minimizarse tamén os riscos e impactos derivados do cambio climático sobre os hábitats e especies a conservar, tendo en cuenta os modelos climáticos dispoñibles e as técnicas de xestión adaptativa ao cambio climático nos diferentes ecosistemas, de forma que se garanta a resiliencia e conservación a longo prazo destes hábitats e das súas especies asociadas.

Ligazón á Estratexia Estatal para a Conservación dos  Polinizadores

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS