Financiado por:
/ Medio ambiente

Alerta ante o incremento da salinización da auga

04-03-2016 - Medio ambiente

No traballo realizado por un equipo científico internacional ponse de manifesto que as actividades humanas, como a agricultura ou a extración de recursos naturais (carbón, minerais, gas,...) están a incrementar a salinidade da auga o que provoca efectos adversos para a saúde e o funcionamento dos ecosistemas de auga doce como ríos, lagos, etc.

A salinización pode ter custos económicos elevados, derivados tanto da perda de ecosistemas como dos custos directos relacionados co tratamento da auga para o consumo.

No traballo indícase que na maior parte dos casos as accións preventivas diríxense unicamente hacia os usos humanos da auga sen ter en conta a protección da biodiversidade dos sistemas acuáticos. Tamén se fai constar que o nivel de protección é insuficiente, "na maioría dos casos fálase de recomendacións, que non teñen vinculación legal, baseadas na cantidade total de sales sen ter en conta a composición iónica da auga". Neste senso, amosaron que diferentes ións teñen diferente toxicidade polo qu reclaman unha lexislación específica que regule os límites de concentración de cada ión nos ríos e lagos. Así mesmo, se apunta que a situación tende a empeorar co cambio climático, pois se incrementará a evaporación da auga en ríos e lagos que terán menor capacidade para diluir ás sales. Así mesmo, a subida do nivel do mar propiciará que  auga salada penetre nos espacios costeiros de auga doce.

Os investigadores propoñen a implementación de novas prácticas na agricultura que potencien o uso racional da auga, pactar permisos e controis ás empresas responsables de verquidos salinos para que descarguen os residuos baixo certas condicións que afectarían á concentración e aos períodos (como se está a facer en Australia)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS