Financiado por:
/ Medio ambiente

Alegacións presentadas pola CIG ao proxecto e estudio de impacto ambiental da modificación de características, autorización e declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctico reversíbel de Santa Cristina

14-09-2011 - Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel da CIG o pasado día 9 de setembro de 2011ao Proxecto e estudio de impacto ambiental da modificación de características, autorización e declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctico reversíbel de Santa Cristina, no río Sil, presentado pola empresa Iberdrola.

Esta empresa xestiona na provincia de Ourense 15 centrais hidráulicas, cunha producción no ano 2010 de 3.318.000 megavatios, que supoxo unha facturación superior aos 130 millóns de euros. Todo este volume de negocio para xerar pouco máis de 130 empregos directos a cambio de ter representado un espectacular impacto ambiental e unha incalculábel merma na explotación da nosa riqueza natural e patrimonial.

O proxecto contra o que se presentan estas alegacións, crea unha balsa no alto da ribeira fluvial do Sil, de preto de 40 hectáreas, nas inmediacións do convento de Santa Cristina, Sobre esta balsa, crearase na práctica unha nova central hidroeléctrica.

Documentos

Alegacions Santa Cristina.pdf
REPORTAXE FOTOGRÁFICA. RÍO SIL. Alegacións Santa Cristina.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS