Financiado por:
/ Medio ambiente

Alegacións formuladas pola CIG ao borrador da Lei de Montes de Galicia

13-07-2011 - Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola CIG, con data 11 de xullo de 2011, ao borrador da Lei de Montes de Galicia.

Da importancia do sector forestal na economía galega, dan conta os seguintes datos: a facturación conxunta da industria de transformación da madeira supera os 1.600 millóns de euros anuais, proporcionando emprego directo a máis de 22.700 traballadores, constituíndo o sector industrial que maior emprego xera na comunidade, cun 12% da poboación laboral activa. Ademáis,  o monte desempeña unha función básica na fixación da poboación no rural, tendo en conta que o 70% das empresas do sector forestal aséntanse en poboacións de menos de 5.000 habitantes.

Non podemos esquecer a función medioambiental do monte e que unha parte significativa dos montes galegos, predominantemente veciñais en man común, están incluídos na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, o que revela a importancia dos bosques galegos no mantemento da riqueza e biodiversidade da nosa flora e fauna, así como o rol tan importante que os montes desempeñan na protección do solo, da paisaxe, dos sistemas hidrolóxicos e de todos os ecosistemas que as formacións arbóreas albergan.

Documentos

ALEGACIÓNS DA CIG ÁO BORRADOR DA LEI DE MONTES DE GALICIA.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS