Acordo de colaboración sobre os riscos sanitarios de orixe medioambiental12-01-2018 - ONU Medio Ambiente - OMSA Organización Mundial da Saúde e a ONU Medioambiente veñen de suscribir unha iniciativa de colaboración coa finalidade de desenvolver accións conxuntas para combater a contaminación do aire, o cambio climático e a resistencia aos antimicrobianos, así como a mellorar a coordinación das actividades relativas á xestión de refugallos e produtos químicos, a calidade da auga e temas ligados aos alimentos e a nutrición. Os riscos ambientais que ameazan a saúde das persoas son os causantes, segundo as estimacións, de 12,6 millóns de falecementos ao ano. |
|---|
Como parte deste labor de colaboración xestionarase conxuntamente a campaña de sensibilización « BreatheLife», que persegue o obxectivo de reducir a contaminación do aire e deparar con iso múltiples beneficios desde o punto de vista do clima, o medio ambiente e a saúde.
Este é o acordo oficial máis importante suscrito en máis de 15 anos para traballar conxuntamente en todo o espectro de cuestións ambientais e sanitarias.