Acceso a información sobre os espazos naturais do estado español23-05-2013 - MEDIO AMBIENTEO Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente lanzou a aplicación Natureza-MAGRAMA, unha nova ferramenta que combina telefonía móbil con Internet e que permite aos cidadáns acceder á información sobre todos os espazos naturais do Estado español. | ![]() |
|---|
Esta aplicación, partindo dos datos cartográficos incluídos no Inventario Español do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, dá acceso á información sobre a natureza almacenada como, por exemplo, as fichas descritivas dos espazos que integran a Rede Natura 2000, os Espazos Naturais Protexidos, as Reservas da Biosfera ou as especies descritas no Mapa Forestal de España.
Así mesmo, esta ferramenta permite a xeolocalización, é dicir, que o usuario coñeza en todo momento en que posición xeográfica se encontra, así como a visualización simultánea da información dispoñible sobre a natureza da zona, xunto con fotografías aéreas e imaxes de satélite.
O estado español atesoura unha riqueza en biodiversidade excepcional. É un dos estados membros da Unión Europea con maior relevancia en canto a presenza de hábitats e especies. Entre outros, destaca o número de plantas vasculares, que supera as 8.000 especies, supoñendo o 85% das especies de plantas vasculares inventariadas na Unión Europea.
Respecto ás especies de fauna, o Estado español alberga aproximadamente a metade das 142.000 estimadas en Europa. Tamén ten representado o 60% dos tipos de hábitat de interese comunitario e o 50% dos hábitats identificados como prioritarios na Unión Europea.
Estes valores ambientais teñen o seu reflexo na superficie que o estado español incorporou á Rede Natura 2000, con máis de 1.400 Lugares de Importancia Comunitaria e case 600 Zonas de Especial Protección para as Aves, que representan máis do 27% do noso territorio, uns 13,7 millóns de hectáreas.
Con respecto a ecosistemas de brañas, ou territorio que abrangue ou estado español ocupa o terceiro lugar entre os estados do mundo por número de brañas de Importancia Internacional incluídas na Lista Ramsar con 74 sitios.
Fonte: ambientum.com