Financiado por:
/ Medio ambiente

A emisións de CO2 aumentaron no Estado ao menos un 4% en 2015

04-04-2016 - CAMBIO CLIMÁTICO

O Observatorio de Sustentabilidade presentou un informe sobre cambio climático en España para o ano 2015, que indica que España continuou aumentando as emisións de gases de efecto invernadoiro, mentres todos os países da nosa contorna presentan fortes reducións nas súas emisións.

Isto é debido ao aumento da xeración con carbón nun 20% aproximadamente, ao maior consumo de produtos petrolíferos e ao estancamento do consumo de gas natural, sendo tamén un factor clave a maior xeración de electricidade con carbón.

Segundo o informe desta entidade independente e sen ánimo de lucro integrada por ecólogos, enxeñeiros, economistas, xeógrafos e sociólogos, a segunda actividade en España que máis gases de efecto invernadoiro emite á atmosfera é o transporte -o 25% das emisións totais de CO2, cando a media europea sitúase en torno ao 20%. O 40% do gasto enerxético en España provén do transporte, encabezado polo de estrada e seguido polo aéreo.

Juan Avellaner, enxeneiro industrial e un dos autores do informe, sinalou durante a presentación que son dez as empresas españolas causantes do 65% do CO2 que se emiten no Estado. O traballo tamén localiza as 901 instalacións que emiten máis dióxido de carbono segundo o Rexistro Nacional de Emisións de 2014.

Tamén sinalan que “as enerxías renovables non están a incrementar o seu peso no mix enerxétic como deberían; e non se está a producir un cambio de modelo enerxético e produtivo a pesar da crise”

O informe ofrece unha representación xeográfica das principais evidencias de cambio climático en España nunha serie cartográfica accesible na rede e que se irá enriquecendo e contrastando con novas evidencias procedentes de futuros traballos científicos.

Segundo o ecólogo Fernando Prieto débense evitar políticas contraditorias e eliminar subvencións prexudiciais ao clima e é necesario “filtrar todas as actuacións segundo o seu impacto sobre o cambio climático”.

Os autores propoñen tamén unha serie de medidas para iniciar unha política ante o cambio climático baseada na ciencia, que consiga a progresiva descarbonización do país a través de grandes infraestruturas verdes, enfoques ecosistémicos integradores ou modificacións nas políticas sectoriais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS