Co financiamento de:
/ Medio ambiente

A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige

05-02-2013 - SAÚDE LABORAL

O documental Huellas de chapapote ía ser emitido o pasado domingo dentro no programa Documentos TV. Porén, a última hora foi substituido pola reemisión de El misterio de los centenarios por decisión da dirección de TVE.

A explicación que internamente se lles deu aos responsables de Documentos TV foi que se está a desenvolver o xuízo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos".

Porén esta explicación non satisfaceu a todo o mundo, e son moitos os que atopan estraño tanto o cambio a última hora coma o feito de que o avance do programa desaparecera da mesma páxina web da televisión pública.

O programa céntrase na análise da catástrofe pero sobre todo na actuación dos milleiros de voluntarios e voluntarias que colaboraron nos traballos de limpeza e salienta a maneira en que isto afectou á saúde de moitas destas persoas.

En declaracións que se inclúen no documental Suso de Toro salienta que "os verquidos retiráronse sen medios, coas mans, ensuciándose, sen coñecer realmente a medida e as consecuencias daquilo e a perigosidade do que estaban facendo”.

O programa tamén fai referencia a un estudo da Sociedade Española de Neumoloxía, que afirma que as personas que limparon activamente sen protección, presentaban secuelas no aparato respiratorio e poden ter repercusións serias no futuro.

 

Fonte: praza.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS