Financiado por:
/ Medio ambiente

A axencia europea do medio ambiente alerta do dano ás costas pola presión demográfica e as industrias

04-12-2013 - Medio ambiente

A Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA, polas súas siglas en inglés) alertou do dano que a presión demográfica e as distintas actividades económicas vinculadas ao mar causan ás zonas costeiras da Unión Europea, e pediu maiores esforzos para xestionar de forma sustentable os ecosistemas e mitigar o impacto do home neles. "A costa europea é vital para a economía, pero en moitas das súas zonas os recursos están en perigo porque se priorizaron os beneficios a curto prazo sobre a xestión sustentable a longo prazo", asegurou o director executivo da EEA.

A axencia estima que as áreas costeiras xeran preto do 40% do PIB da Unión Europea, grazas á actividade de industrias como a da pesca, os portos, a enerxética e o turismo de mar, pero advirte de que o desenvolvemento destes sectores ten un custo pola erosión dos ecosistemas, a sobreexplotación pesqueira e a contaminación.
Ademais, sinala a presión democrática como outro dos perigos para as costas e apunta que preto dun 40% da poboación europea vive a menos de 50 quilómetros do litoral, unha tendencia que está a crecer especialmente en zonas do Mediterráneo. Como exemplo, a EEA indica que a poboación na costa mediterránea do Estado español e Francia creceu mesmo por encima do 50 % no últimos dez anos nalgúns dos seus tramos, aínda que non aclara cales.

Fonte: ambientum/EP

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS