Financiado por:
/ Medio ambiente

A UE subvencionará combustible alternativo no estado español

14-01-2013 - Enerxía

A Unión Europea cofinanciará con case dous millóns de euros do programa TEN-T un estudio que determinará qué medidas son precisas para integrar a tecnoloxía e a infraestructura de reabastecemento do gas natural licuado na rede de estradas do estado español. Este proxecto tentará ademáis amosar as vantaxes deste gas como combustible para os vehículos pesados de mercancías por ser máis ecolóxico e rendible.

O proxecto, seleccionado na convocatoria anual TEN-T, pretende impulsar o establecimiento de estacións de reabastecemento a gran escala no estado español e na UE a través dunha serie de estudos e proxectos piloto.

Instalaranse sete estacións de reabastecimento de gas natural licuado como parte do proxecto para ensaiar distintos deseños para este tipo de infraestructura. Así mesmo, para ter unha imaxe máis compreta, realizarase unha análise da cadea loxística deste gas e dos posibles modelos de negocio de implantación de estacións de reabastecemento a escala global e europea.

Tamén se integrarán nestas estacións tecnoloxías de comunicación de sistemas de transporte intelixentes, e se poderán incorporar tecnoloxías como  a monitorización das estacións, a política de precios e os métodos de pago.

O proxecto  xestionarse a través da Axencia Executiva da Rede Transeuropea do Transporte e está previsto que remate a finais de 2014.

Fonte:  ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS