Financiado por:
/ Medio ambiente

A OMS revela que a polución dana a saúde máis do que se cría

11-02-2013 - Saúde

Os efectos negativos da contaminación sobre a saúde das persoas están demostrados cientificamente e son aínda peores do que se cría fai oito anos. A Organización Mundial da Saúde (OMS) acaba de facer público un informe no que recomenda endurecer a lexislación anticontaminación. A Comisión Europea, que foi a que encargou o estudo e cofinanciouno, anunciou que revisará os límites permitidos, para rebaixalos. O Estado español, igual que outros Estados membros, incumpre a normativa europea actual, por exemplo, en Madrid e Barcelona.

A OMS analizou os estudos científicos publicados nos últimos anos en revistas especializadas, explica o investigador do CSIC Xavier Querol, un dos oito científicos asesores encargados do informe, no que participaron decenas de expertos de todo o mundo. O documento, aínda preliminar á espera de que dentro duns meses se publique o definitivo, avalía as publicacións sobre efectos na saúde humana dos contaminantes atmosféricos dende 2005. Ese ano a OMS publicou a súa guía sobre calidade do aire, e non volvera a actualizala.

Estudos recentes asocian a exposición a distintos contaminantes con problemas de saúde como a ateroesclerosis, enfermidades respiratorias, diabetes, dificultades na función cognitiva, partos prematuros... O informe da OMS recolle todos eses estudos e con eles responde a 22 preguntas en catro bloques. Un deles está adicado en exclusiva aos efectos na saúde que ten a proximidade ao tráfico rodado. "Hai estudos americanos que mostran que os nenos que viven preto de vías con moito tráfico empeoran da asma que padecen, e que algúns que non eran asmáticos pasan a selo", explica Querol.

Fonte: elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS