Financiado por:
/ Medio ambiente

A Eurocámara rechaza o encarecemento dos permisos de emisión

18-04-2013 - Medio ambiente

O PE rexeitou a conxelación dunha parte das poxas de cotas de emisións de CO2, unha medida coa que se buscaba encarecer os dereitos de emisión. A maioría dos deputados considera que intervir na oferta de permisos minaría a confianza no Sistema de Comercio de Emisións (ETS, nas súas siglas en inglés), deseñado para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro. O PE tamén apoiou a exclusión temporal dos voos intercontinentais deste sistema. A proposta de conxelar as poxas foi rexeitada por 334 votos fronte a 315 e 63 abstencións e volverá agora á comisión de Medio Ambiente da Eurocámara.

Os deputados que se opuxeron ao plan piden unha reforma máis profunda do ETS e consideran que intervir na oferta de créditos pode erosionar a confianza dos actores no sistema. Outros alertan de que un incremento no prezo do carbono pode pór en perigo a competitividade da industria europea e traduciríase nun incremento da factura eléctrica dos fogares.
Os deputados favorables á proposta argumentan que a sobreoferta debe ser corrixida para que o sistema funcione correctamente. Ademais, elevar o prezo do carbono impulsaría a transición da Unión Europea cara a unha economía máis ecolóxica ao estimular o investimento e a innovación. Un prezo máis elevado podería axudar tamén a equilibrar o prezo do mercado de emisións comunitario co doutras rexións.
"Este voto, é o principio da repatriación da política contra o cambio climático", afirmou o relator para este asunto, o socialdemócrata alemán Matthias Groote, que está a favor da conxelación das poxas. "Este tipo de políticas xoga a favor dos escépticos do cambio climático. O rexeitamento da proposta debilita o sistema de comercio de emisións da UE e pon en risco os nosos obxectivos climáticos", agregou.


Exclusión dos voos intercontinentais


O PE aprobou outro informe, redactado polo eurodeputado alemán Peter Liese (PPE), que apoia excluír temporalmente do ETS aos voos intercontinentais, co propósito de facilitar un acordo global no seo da Organización Internacional da Aviación Civil (ICAO, nas súas siglas en inglés). Esta medida foi acordada previamente co Consello.
"As emisións da aviación duplicáronse desde 1990. Están a aumentar constantemente. As obxeccións dos países de fóra da UE de cara á inclusión do sector no ETS son infundadas. Agora só paramos o reloxo porque queremos lograr un convenio global no contexto da ICAO. Non estamos preparados para manter esta derrogación máis dun ano", afirmou Liese no debate celebrado o luns. O relator engadiu que "despois da proposta Kerry-Lieberman, se EE. UU. non incrementa os seus esforzos cara a un acordo na ICAO, Kerry perderá a súa credibilidade".

Contexto


O ETS, un mercado de carbono creado un 2005, fixa un límite máximo de emisións que se está reducindo gradualmente. Para 2020, as emisións dos sectores industriais incluídos no sistema serán uns 21% inferiores con respecto a 2005.
Por baixo deste límite, as empresas reciben ou compran créditos de emisión poxados polos Estados membros. Un crédito de emisión corresponde a unha tonelada de emisións de CO2. As empresas tamén poden vender os créditos que non utilicen. Limitar a oferta de créditos de emisión asegura o seu valor, de forma que o sistema recompensa ás empresas que invisten en reducir as súas emisións.

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS