Financiado por:
/ Medio ambiente

A Comisión Europea insta aos estados membros a utilizar os seus residuos como recursos

23-05-2012 - MEDIO AMBIENTE

"Os residuos teñen demasiado valor como para eliminalos simplemente; a súa correcta xestión pode facer que ese valor volva inxectarse na economía", declarou Janez Potocnik, Comisario responsable do Medio Ambiente da Comisión Europea, referíndose ao informe “Use of Economic Instruments and Waste Management Performances” presentado hai uns días.

A Comisión insta aos Estados membros a seguir as prácticas de países referentes en xestión de residuos para que estas sexan aplicadas á totalidade dos Estados membros. Segundo o texto, Bélxica, Dinamarca, Alemaña, Austria, Suecia e os Países Baixos serían o modelo a seguir xa que descargan nos seus vertedoiros menos do 3% dos seus residuos. Nove Estados, no lado oposto da balanza, envían máis do 75% dos seus residuos aos vertedoiros: Bulgaria, Estonia, Grecia, Chipre, Letonia, Lituania, Malta, Rumania e Eslovaquia. O Estado español, envía o 58% dos seus residuos, a mesma cantidade que Irlanda e Eslovenia.

“Os residuos deben converterse en recursos. As nosas economías non poden permitirse o luxo de seguir desperdiciándoos e así o entenderon varios países do continente”, afirmaba Potocnik. O estudo mesmo expón dotarse dunha lexislación vinculante para alcanzar este obxectivo.

Os factores económicos para conseguir elevar as porcentaxes de reciclaxe son, segundo o informe, os impostos e as prohibicións aplicados a verteduras e incineracións; os programas de responsabilidade do produtor e os sistemas de pago por xeración de residuos. “Os países que seguen estas máximas en xestión eficiente dos residuos, non só explotan o valor dos seus residuos senón que, no transcurso dese proceso, crean unha industria próspera e un elevado número de postos de traballo", engade Potocnik.

 

Fonte de Datos: construible.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS