Financiado por:
/ Medio ambiente

A árbore da vida ao completo: máis de 2.3 milllóns de especies de animais, prantas, fungos e microbios coñecidos

28-09-2015 - Medio ambiente

Este primeiro borrador da árbore é resultado do traballo de once institucións e presenta as relacións entre os seres vivos dende que se separaron evolutivamente entre sí, dende o comezo da vida na terra, hai máis de 3.500 millóns de anos. Nos últimos tempos viron a luz árbores que recollen certas ramas da árbore da vida, sendo este proxecto o primeiro que combina todos os resultados nunha soa árbore.

O proxecto baséase en árbores menores de estudos publicados con anterioridade, co fin de recoller nunha soa árbore os datos de todas as especies coñecidas.

O estudo das relacións existentes entre especies axuda a científicos de diversas ramas a crear novos fármacos, descubrir as orixes de enfermidades infecciosas, así como a súa propagación e posible tratamento, ou a potenciar rendementos agrícolas e gandeiros.

O resultado deste traballo, que os investigadores denominan versión 1.0 en alusión ao seu carácter de mellora continua, se presenta en forma de recurso dixital gratuíto.

Ligazón ao Open Tree of Life

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS