Financiado por:
/ Medio ambiente

APP gratuíta que informa sobre puntos de recollida de pilas usadas en Europa

14-12-2018 - RESIDUOS

EUCOBAT, organización que reúne aos sistemas de reciclaxe de pilas máis importantes de Europa, desenvolveu a primeira app gratuíta que permite aos usuarios coñecer o seu punto de recollida máis próximo deste tipo de residuos. Está dispoñible en 12 idiomas para Android e iOS.

En total, a app recolle 340.000 localizacións, das que 32.000 corresponden ao Estado español, pertencentes á fundación Ecopilas, que conta coa rede máis extensa do noso país. Tamén ofrece a localización de puntos de recollida en Bélxica, Francia, Países Baixos, Luxemburgo, Italia e Turquía, lista que se completará en breve cos contedores do resto de países europeos membros de Eucobat.

Ademais de localizar o seu punto limpo máis próximo, os usuarios tamén poden consultar unha sección de preguntas frecuentes sobre a recollida e a reciclaxe de pilas e baterías, así como información e os datos de contacto dos distintos sistemas nacionais de xestión destes residuos.

Ligazón a Eucobat 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS