2013 será «o ano do aire»31-01-2013 - Medio ambienteA contaminación do aire é unha preocupación constante no seo da Unión Europea, dado que, esa contaminación é unha das causas das principais enfermidades pulmonares como o asma e a orixe de máis de 350.000 mortes prematuras ao ano. Nun intento de paliar esta situación a Comisión Europea declarou 2013 o «Ano do aire». | ![]() |
|---|
Esta iniciativa, que irá acompañada de propostas para mellorar a calidade do aire en toda Europa, conta coa colaboración da Organización Mundial da Saúde; ambas institucións levarán a cabo unha revisión dos últimos avances científicos acerca dos principais contaminantes atmosféricos e as súas conclusións presentaranse este mes nun evento titulado «Comprender os efectos sobre a saúde da contaminación atmosférica: avances recentes para orientar as políticas da UE».
Dentro da iniciativa inclúese tamén a consulta que está a levar a cabo a UE aos cidadáns da UE sobre as medidas que eles tomarían para mellorar a calidade do aire en Europa. A consulta estará aberta ata o día 4 de marzo e ten por obxeto recabar ideas e suxestións para mellorar a política sobre a calidade do aire. Os resultados integraranse nuna revisión exhaustiva das políticas europeas en materia de aire prevista para este mesmo ano.