Financiado por:
/ Igualdade

Video de Pixar contra a discriminación e o acoso laboral

03-03-2020 - IGUALDADE

Este curto chámase Purl e quere denunciar unha realidade lamentable que aínda se vive en moitas empresas. Purl quere denunciar o acoso laboral e a discriminación que hai aínda nalgunhas organizacións, esas nas que se hai mulleres en altos cargos ou que son responsables de Departamentos téñense que comportar como homes para seguir no posto.

Purl é unha bóla de la rosa feminina, divertida e peculiar que  toma unha importante decisión para encaixar no seu novo emprego:  fai un cambio radical, tanto a nivel físico como de personalidade, para ser máis popular entre os seus compañeiros de traballo.

Cando chega Lacey, unha nova bóla de la, á empresa,  Purl dáse conta de que non merece a pena renunciar a ser un mesmo.

Ligazón ao vídeo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS