Financiado por:
/ Igualdade

RSC. O estado pode axudar ás familias a conciliar traballo e fogar.

24-01-2012 - CONCILIACIÓN

Un equipo de investigadores europeos adoptou un método innovador para investigar como inflúen as políticas públicas na conciliación da vida persoal e profesional en familias con pais traballadores. Os resultados do proxecto dan a coñecer modelos viables para apoiar o emprego activo de nais e pais.

No proxecto Workcare (Calidade social e relacións cambiantes entre traballo, coidados e benestar en Europa) examináronse, nun macrocontexto, as relacións entre os cambios estruturais no mercado laboral, a demografía e as políticas de benestar e económicas. O análise microcontextual incluía os cambios nas orientacións persoais con respecto ao traballo e os coidados. A prioridade deste proxecto financiado con fondos comunitarios se centrou en medir a calidade da sociedade e a calidade de vida por medio dunha avaliación da calidade social.



Ao ampliar o ámbito europeo do proxecto, incluíndo os novos Estados membros, os participantes traballaron para integrar perspectivas de xénero e coidados nas súas análises sobre como as políticas nacionais e da Unión Europea axudan aos pais traballadores con nenos pequenos. A política da UE ten por obxectivo fomentar un emprego activo e proveitoso do máximo número posible de mulleres e homes. Non obstante, formúlanse varias preguntas: Cal é a mellor forma de combinar traballo e coidados? Como poden beneficiarse nais e pais das mesmas oportunidades? É posible manter uns índices elevados de emprego de mulleres e homes ao tempo que se fomenta a creación dunha familia? Como se poden reconciliar obxectivos reguladores relacionados con estas cuestións que se encontran en aparente conflito?



O traballo de investigación consistiu en analizar conxuntos de datos dos distintos países europeos para coñecer mellor os patróns europeos de traballo e coidados, de coidado dos fillos a nivel nacional e europeo e as políticas de flexibilidade e laborais. Tamén se levaron a cabo entrevistas detalladas nos países con tradicións opostas en canto a traballo e coidados.


O labor do proxecto permitiu obter indicadores sobre o modo de lograr os obxectivos reguladores máis importantes, así como recomendacións para a elaboración de políticas públicas baseadas en datos da UE grazas ás cales os cidadáns europeos poderán mellorar a súa calidade de vida. Os resultados de investigación do proxecto Workcare revelaron que os custos dun modelo de baixa familiar ampliado non son certamente inferiores aos dun modelo de coidados familiares ampliado, é dicir, unha baixa prolongada para as nais. Por iso, o modelo de política familiar ampliado é o que ten máis probabilidades de satisfacer os obxectivos reguladores europeos, así como as aspiracións dos pais de combinar o traballo e o coidado dos fillos.



Por medio dun innovador enfoque metodolóxico e teórico que combina a análise de políticas e a investigación cualitativa e cuantitativa, o proxecto Workcare contribuíu a análise das principais cuestións europeas neste campo e ofreceu información actualizada acerca da repercusión das políticas sociais sobre o traballo e os coidados familiares. Estes resultados poden servir para continuar examinando como afecta a flexibilidade do emprego á organización do traballo, os coidados e o benestar, ás como os efectos das necesidades contrapostas de traballo e coidados sobre as decisións de planificación familiar na UE.

 



Fonte de Datos: cordis.europa.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS