Financiado por:
/ Igualdade

Quen traballa máis os homes ou as mulleres?

15-11-2012 - INSHT

Para responder con seriedade á pregunta anterior, é preciso aclarar previamente que entendemos por traballo. Se no concepto se inclúe unicamente a actividade remunerada, na maioría dos países os homes traballan de media máis horas que as mulleres, moitas das cales ocupan empregos a tempo parcial (aínda que non sempre por vontade propia, senón porque non encontran un traballo a tempo completo).

Pero se se inclúe tamén a actividade non remunerada, fundamentalmente as tarefas domésticas e familiares, o panorama cambia drasticamente, como se observa na figura (podes premer nela para ampliala).

O tempo que as mulleres dedican ao traballo non remunerado é, aproximadamente, entre tres e cinco veces superior ao que dedican
os homes, o cal, sumado a xornadas remuneradas de similar duración fai que a xornada de traballo total das mulleres supere amplamente á dos homes.

No caso dos que traballan a tempo parcial, a duración total sería dunhas trinta e tres horas/semana para os homes e de cincuenta e oito para as mulleres, e no caso dos empregos a tempo completo as cifras correspondentes serían de cincuenta e cinco horas/semana para os homes e de sesenta e seis para as mulleres, incluídos en todos os casos o tempo de desprazamento ao traballo.

Cando se estuda a cuestión tomando como base a situación familiar as diferenzas non son tan marcadas. Así o proban os datos proporcionados pola V Enquisa Europea de Condicións de Traballo (2010), que considerou, tanto para homes como para mulleres, catro posibles situacións: solteiro sen fillos; familia monoparental; parella sen fillos e parella con fillos.

Os resultados se mostran na figura da dereita (podes premer nela para ampliala) e poñen de manifesto que, a igualdade de situación familiar, a diferenza entre o tempo de traballo total de homes e mulleres é relativamente pequena no caso de solteiros sen fillos e de familias monoparentais; no caso de parellas sen fillos a diferenza é dunhas cinco horas/semana e alcanza o seu máximo no caso de parellas con fillos, onde a muller traballa unhas trece horas máis á semana que o home.

A figura está tomada do informe da V Enquisa Europea, dispoñible en:

http://www.eurofound.europa.eu/pubdocs/2011/82/en/1/EF1182EN.pdf

 

Fonte: Erga@online n.º 116

http://www.insht.es/InshtWeb/Contenidos/Documentacion/PUBLICACIONES%20PERIODICAS/Erga_online/2012/Ficheros/ERG@nline%20n%C2%BA%20116.pdf

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS