Financiado por:
/ Igualdade

Podería adoptar o estado español un novo horario?

24-09-2013 - CONCILIACIÓN

O Congreso pechou o informe polo que pide ao Goberno un estudo socioeconómico para coñecer en detalle cal sería a incidencia económica global dun posible cambio de fuso horario no estado español, recuperando a antiga vinculación ao fuso horario de Greenwich (unha hora menos). O informe ademais aposta polas xornadas continuas de traballo, cunha breve pausa para comer, para favorecer a vida persoal e laboral.

Trátase dalgunhas das conclusións do traballo que a pasada semana pechou a subcomisión ou grupo de traballo para o estudo da Racionalización de Horarios, a Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral e a Corresponsabilidade do Congreso dos Deputados, no que os deputados traballaron durante preto de nove meses, grazas á achega de numerosos expertos.

Así, a subcomisión considera que este cambio de horarios incidiría "favorablemente" na conciliación de todas as persoas, permitindo dispoñer de máis tempo para a familia, a formación, a vida persoal, o ocio, e evitando tempos mortos na xornada laboral diaria.

"Trátase dunha tarefa complexa, posto que implica unha transformación dos nosos usos e costumes diarios, pero é innegable que os resultados nos farían converxer con Europa en moitos aspectos nos que hoxe estamos sumamente afastados, e moi particularmente en produtividade, en competitividade, en conciliación e corresponsabilidade", reza o texto.

É máis, sostén que o estado español vive unha situación "anómala" posto que se encontra no fuso horario de Europa central, cando debería estar no Europeo occidental. "Por esta razón o noso horario se rixe máis polo Sol que polo reloxo", engade o texto, que tamén indica que a esta situación hai que engadirlle unha organización horaria laboral "tamén singular" e que en nada se parece ao resto de Europa.

Por outro lado, de entre as conclusións do informe despréndese a necesidade de modificar os actuais permisos de maternidade e paternidade, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e ir encamiñado cara a uns permisos parenterais iguais e intransferibles, ademais de ampliar o permiso de paternidade a catro semanas.

Con iso, a subcomisión propón pedir ao Goberno a elaboración dos estudos económicos oportunos para avaliar a posibilidade de implantar os permisos parenterais igualitarios e intransferibles, o cal implicaría doblar a actual duración do permiso parenteral, de 16 a 32 semanas, "posto que o acordo en torno á validez desta proposta é xeral".

O informe constata á súa vez que o permiso de lactación debería reformularse posto que agora mesmo non está a funcionar como tal, senón que existe a posibilidade de acumulalo en días adicionais que se anexan ao permiso parenteral.

Sobre o traballo a tempo parcial, o informe sinala que existe unanimidade sobre os seus efectos perniciosos nas mulleres, a pesar de tratarse dun elemento para favorecer a conciliación na reforma laboral.

Igualmente, formula que os criterios de adxudicacións da administración pública inclúan como factor de puntuación a existencia de plans de igualdade que favoreza a conciliación, a corresponsabilidade e a racionalización horaria. Deste modo, estimularanse os plans de conciliación no tecido empresarial, segundo dita.

Prevese tamén que se aborde na lexislación laboral as modificacións necesarias para a regulación do teletraballo, que dea seguridade á empresa e aos traballadores.

Outro dos puntos que reflicte este informe é que ao ampliarse a idade de xubilación dos 65 aos 67 se vai prexudicar fundamentalmente ás mulleres, facendo que a brecha pensional "sexa máis elevada", dado que estas non seguiron "carreiras lineais" tendo que deixar o traballo en moitas ocasións por coidado de fillos ou familiares.

O informe será aprobado esta semana na Comisión de Igualdade do Congreso, previsiblemente o día 26, e posteriormente ratificado no Pleno. A presidenta da Comisión de Igualdade, Carmen Quintanilla resalta o consenso alcanzado despois de nove meses de traballo, "no que os grupos parlamentarios foron capaces de poñerse de acordo para que esta materia pendente" que é a conciliación en España. Participaron case 60 expertos.

O informe constata a dificultade para conciliar en España actualmente e especialmente a muller, quen non concibe a súa realización persoal sen a participación no mercado de traballo e, do mesmo xeito, non desexa abandonar a súa carreira profesional no caso de querer converterse en nai.

 

Elmundo.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS