Financiado por:
/ Igualdade

O Tribunal Superior recoñece o dereito a unha traballadora a recibir unha prestación por risco durante a lactación materna

24-05-2012 - Maternidade

O Tribunal Supremo recoñeceu o dereito a unha azafata de voo a beneficiarse da denominada prestación de risco durante a lactación materna, dada a imposibilidade material de dar de mamar ao seu bebé polas condicións do seu posto de traballo, que a empresa non se ofreceu a modificar nin a cambiar por outro alternativo. A resolución da Sala do Social Tribunal, confirma a decisión adoptada no seu día polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TJM) que estimou as pretensións da azafata a pesar de que estas foran rexeitadas en primeira instancia.

Neste caso hai que ter en conta a situación creada pola negativa da mutua contratada pola empresa de considerar justificada a existencia de riscos específicos para a lactación, sen que por parte da compañía aérea se detectase tampouco tal risco e, en consecuencia, sen que se ofrecera a posibilidade de alterar as condicións ou o posto de traballo.

Danse, pois, os requisitos establecidos tanto na Lei Xeral de Seguridade Social (LGSS) como na Lei de Prevención de Riscos Laborais para conceder a citada prestación de risco á azafata, consistente na suspensión do contrato e a percepción da prestación até un máximo de 9 meses.

Na resolución, o Tribunal Supremo considera que o sistema de quendas ao que se acha sometida a traballadora e a dificultade de extraer o leite materno, por falta de tempo e espazo, e nas debidas condicións de hixiene, "determinan non unha incomodidade, senón unha incompatibilidade entre a lactación natural e as condicións de traballo, influíndo negativamente na saúde do lactante".

A iso engádese que a proposta da empresa de acumular as horas de lactación non é factible dado que, terminado o tempo, a traballadora veríase obrigada a renunciar en todo caso á lactación natural.

Ademáis, o Supremo recrimina á empresa unha "verdadeira inactividade" á hora de avaliar a situación de risco e expor as medidas para evitalo no plan de prevención da empresa.

De existir dita avaliación previa, "a empresa estaría capacitada para ofrecer medidas alternativas á prestación de servizos na situación de risco constatada; medidas que non pasan pola redución de xornada por lactación senón por un cambio na distribución do tempo de traballo e nas condicións de intimidade e hixiene ao alcance das traballadoras a efectos de efectuar a extracción e conservación do leite".

 

Fonte: eleconomista.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS