Co financiamento de:
/ Igualdade

Integración da prevención de riscos laborais nos plans de igualdade

23-10-2025 - INSST

O proxecto "Integración da prevención de riscos laborais nos plans de igualdade" ten por obxectivo principal coñecer o nivel de integración da PRL nos plans de igualdade dunha mostra aleatoria de empresas relacionándoo co nivel de integración da perspectiva de xénero en PRL e detectando, a partir da análise e dos resultados obtidos, pautas de integración para o seu avance. A este proxecto vincúlanse distintas publicacións, entre elas un estudo técnico e tres dípticos

As desigualdades de xénero e as diferenzas biolóxicas afectan á seguridade e saúde das persoas traballadoras. Integrar a perspectiva de xénero na PRL é ir máis aló do dereito das mulleres traballadoras á protección en situación de embarazo e lactación, e fronte o acoso sexual e por razón de sexo.

As desigualdades de xénero e as diferenzas biolóxicas afectan á seguridade e saúde das persoas traballadoras. Integrar a perspectiva de xénero na PRL é ir máis aló do dereito das mulleres traballadoras á protección en situación de embarazo e lactación, e fronte o acoso sexual e por razón de sexo.

O proxecto "Integración da prevención de riscos laborais nos plans de igualdade" ten por obxectivo principal coñecer o nivel de integración da PRL nos plans de igualdade dunha mostra aleatoria de empresas relacionándoo co nivel de integración da perspectiva de xénero en PRL e detectando, a partir da análise e dos resultados obtidos, pautas de integración para o seu avance. A este proxecto vincúlanse distintas publicacións, entre elas un estudo técnico e tres dípticos:

Estudo técnico: estruturado en Marco conceptual e obxectivos, Marco contextual, Marco lexislativo, Marco metodolóxico, Resultados da análise, Pautas de integración, Conclusións, Bibliografía e Anexos.

Dípticos: o primeiro deles "Negociando o plan de igualdade" ten por obxectivo principal mostrar brevemente pautas para facilitar esta tarefa de integración á comisión negociadora dos plans de igualdade. Así mesmo, a segundo "Seguridade e Hixiene. Máis aló do embarazo e a lactación..." e o terceiro díptico "Ergonomía e Psicosociología. Máis aló do embarazo e a lactación..." teñen por obxectivo principal mostrar exemplos de pautas para facilitar a tarefa de integración destas disciplinas nos plans de igualdade.

Ligazón ao Estudo Técnico Integración da prevención de riscos laborais nos plans de igualdade

Ligazón ao Díptico Negociando o plan de igualdade

Ligazón ao Díptico Seguridade e Hixiene. Máis aló do embarazo e a lactancia

Ligazón do Díptico Ergonomía e Psicosocioloxía. Máis aló do embarazo e a lactación

 

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS