Financiado por:
/ Igualdade

Increméntase a fenda salarial entre homes e mulleres no Estado español dende o ano 2008

21-04-2015 - Igualdade

Segundo datos da Oficiña de Estatística da Unión Europea, Eurostat, a fenda salarial entre homes e mulleres creceu no Estado español 3,2 puntos dende o ano 2008, só por detrás de Portugal, pasando do 16,1 % no ano 2008 ao 19,3 % no 2013.

Pola contra, no conxunto da Unión Europea a fenda salarial diminuiu: os europeos cobraban en 2013 un 16,4 % máis que as europeas, cando no 2008  a porcentaxe estaba no 17,3%.  As baixadas máis acentuadas atópanse en Lituania, onde a fenda salarial  cae 8,3 puntos, Polonia, que cae 5 puntos e a República Checa ou Malta con baixadas de 4,1 puntos. Atendendo aos datos, a fenda salarial na Unión Europea sitúase entre o 3,2 % de Eslovenia ao 29,9 % de Estonia.

A fenda salarial non é a única diferenza en relación ao emprego entre homes e mulleres. No 2013 o 33% dos postos de dirección estaban ocupados por mulleres como media, chagando ao 64% no sector de ventas e ao 67% no caso de persoal administrativo.

Consultados sobre este tema, o 91% dos/as  europeos/as consideran que é preciso combatir a difenza de xénero para establecer unha sociedade máis xusta e o 60% indican como retos a afrontar de xeito inmediato a violencia de xénero e a fenda salarial.

Para máis información, pode consultarse a web do Instituto Nacional de Estatística a través da seguinte ligazón

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS