Financiado por:
/ Igualdade

Guía de axuda para a valoración do risco laboral durante o embarazo

24-01-2019 - INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL

Publicación editada polo Instituto Nacional da Seguridade Social froito da revisión do documento “Orientacións para a valoración do risco laboral e a incapacidade temporal durante o embarazo” editado polo INSS no ano 2008. Os cambios lexislativos, sobre todo a consideración da continxencia do risco laboral durante o embarazo como profesional, sendo en consecuencia susceptible de xestión polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, así como a evolución dos coñecementos nesta materia e a propia practica dos anos transcurridos, fixeron que o que ía ser unha segunda edición se convertise nuna revisión da primeira edición.

A revisión, modificación, ampliación e corrección do texto foi realizada a través dun grupo de traballo constituído por médicos inspectores do INSS, especialistas en xinecoloxía e obstetricia da SEGO (Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia), e facultativos das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.

O documento está destinado ao asesoramento de calquera facultativo que interveña directa ou indirectamente na xestión da prestación por risco no embarazo: facultativos das Entidades Xestoras, Servizos Públicos de Saúde, Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, así como técnicos do Servizo de Prevención.

A presente guía estrutúrase en dous grandes capítulos. O primeiro, de contido clínico, orientado á muller embarazada e a súa potencial patoloxía asociada e o segundo destinado a pormenorizar os diferentes riscos laborais posibles durante o embarazo.

Ligazón ao documento “Guía de axuda para a valoración do risco laboral durante o embarazo”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS