Financiado por:
/ Igualdade

Desigualdades de xénero no mercado laboral: Dous pasos cara adiante, un cara atrás

13-12-2012 - IGUALDADE

As disparidades entre sexos nos mercados do traballo a nivel mundial mostraron certa converxencia na primeira parte da última década. Non obstante, esta diferenza aumentou dende que estalou a crise en 2007, segundo un informe da OIT producido en colaboración con ONU Mulleres. A situación varía bastante dunha rexión a outra.

O informe Tendencias Mundiais do Emprego das Mulleres 2012 (en inglés) da OIT analiza as desigualdades de xénero en materia de desemprego, emprego, participación da forza de traballo, vulnerabilidade, e segregación sectorial e profesional. Neste informe constátase, entre outras cousas, que as taxas de desemprego das mulleres son máis altas que as dos homes a escala mundial e non se prevén melloras nos próximos anos.

A nivel mundial, antes da crise, as diferenzas entre homes e mulleres en termos de desemprego e de relación emprego-poboación atenuáranse. A crise reverteu esta tendencia nas rexións máis afectadas.

Nas economías avanzadas, a crise parece ter afectado aos homes nos sectores que dependen do comercio máis que ás mulleres que traballan na saúde e a educación. Nos países en desenvolvemento, as mulleres foron particularmente afectadas nos sectores relacionados co comercio.


"Se ben as mulleres contribúen á economía e á produtividade en todo o mundo, seguen enfrontando moitos obstáculos que lles impiden realizar o seu pleno potencial económico. Isto non só inhibe as mulleres, ademais frea o rendemento económico e o crecemento", declarou Michelle Bachelet, Directora Executiva de ONU Mulleres, quen contribuíu co informe."Garantir a igualdade de oportunidades para mulleres e homes non só é unha medida xusta, é tamén unha estratexia económica rendible", agregou. 

Outras conclusións importantes:


O indicador de segregación por sectores económicos mostra que as mulleres están máis limitadas na súa elección de emprego en todos os sectores. A segregación sectorial aumentou ao longo do tempo, con mulleres que abandonan a agricultura nas economías en desenvolvemento e pasan da industria aos servizos nas economías desenvolvidas.


Nas economías desenvolvidas, o emprego das mulleres na industria reduciuse á metade, desprazando 85 por cento delas nos servizos, sobre todo na educación e a saúde.

O indicador de segregación profesional mostra que as mulleres continúan estando segregadas en certos tipos específicos de profesión. Existe algunha evidencia dunha diminución nos anos 1990 e un estancamento desta converxencia durante a última década.

Abordar o problema

 As políticas dirixidas a reducir as disparidades de xénero poden mellorar significativamente o crecemento económico e os niveis de vida. Nos países en desenvolvemento poden contribuír de xeito considerable coa redución da pobreza", afirmou José Manuel Salazar-Xirinachs, Director Executivo para o Emprego da OIT.

O informe exhorta a estender as medidas en materia de protección social dirixidas a reducir a vulnerabilidade das mulleres, os investimentos en competencias e educación, e a instaurar políticas que favorezan o acceso ao emprego.

O informe enumera unha serie de directrices políticas para axudar aos fogares a reducir os prexuízos de xénero nas decisións relativas ao traballo e a diminuír as disparidades de xénero no mercado laboral:

 

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS