Financiado por:
/ Igualdade

Condicións de traballo segundo xénero en España 2015

14-12-2018 - INSST

Este estudo ten por obxecto mostrar as principais diferenzas por xénero das condicións de traballo en España, mediante a análise dos datos provenientes da 6ª EWCS-España, cuxo traballo de campo realizouse no ano 2015. Trátase por tanto dunha explotación secundaria desta enquisa, cuxo análise global xa foi publicado na web do INSST, incluído o cuestionario empregado.

Describe primeiro a distribución de homes e mulleres por tipo de emprego, é dicir, as pautas de segregación por xénero na ocupación, actividade, status e salario. A continuación analiza as condicións de traballo de homes e mulleres. A este respecto detalla as pautas de exposición aos riscos físicos e  ergonómicos, aos factores psicosociais máis relevantes, así como á natureza das tarefas que realizan homes e mulleres. Tamén explora a frecuencia e modalidades da formación recibida e a súa adecuación aos requisitos de  cualificación das tarefas encomendadas no traballo. Abórdase de forma detallada a gran disparidade de dedicación temporal de homes e mulleres, tanto no que se refire á extensión do tempo de traballo remunerado como á súa ordenación, e vincúlase coas dificultades para a conciliación de vida laboral e privada. Conclúe este breve estudo sinalando as diferenzas nos indicadores de saúde de homes e mulleres.

Ligazón ao estudo: "Condicións de traballo segundo xénero en España 2015"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS