Financiado por:
/ Igualdade

Como tratar as informacións deportivas dende a perspectiva de xénero

19-12-2018 - EMAKUNDE, INSTITUTO VASCO DA MULLER

A Rede Begira, Comisión asesora para un emprego non sexista da publicidade e a comunicación, adscrita a Emakunde-Instituto Vasco da Muller, ven de celebrar o sétimo encontro centrado na presenza de mulleres deportistas nos medios de comunicación e a publicidade. No encontro presentáronse os materiais creados de xeito consensuado entre os distintos medios e axencias que participan na rede.

Os materiais recollen recomendacións dirixidas a profesionais sobre como tratar as informacións deportivas e como facer publicidade vinculada aos deportes dende a perspectiva de xénero. Abórdanse temas como a visibilidade das mulleres, os estereotipos e roles asignados ás mulleres, o corpo e a imaxe das mulleres, o uso non sexista da linguaxe, a diversidade e as discriminacións múltiples e a violencia contra as mulleres tanto nas informacións deportivas como nos contidos publicitarios vinculados ao deporte.

Ligazón a publicación: Cómo tratar as informacións deportivas dende a perspectiva de xénero

Para saber máis sobre a rede Begira

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS