Financiado por:
/ Igualdade

A seguridade no traballo non é igual para as mulleres

23-01-2012 - SAÚDE LABORAL

Os datos xorden dun estudo elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) e o Instituto Sindical Europeo (ETUI), que pon de manifesto abertas diferenzas entre os sexos no ámbito laboral.

Cando EU-OSHA examinan os accidentes de traballo con enfoque de xénero, observa que seguen diferentes patróns: mentres nos homes os accidentes son máis numerosos pero diminúen coa idade, nas mulleres mantéñense estables nas diferentes cohortes de idade.


Os accidentes máis habituais entre as mulleres son resbalones, tropezos e caídas (29%). Con todo, os accidentes laborais destas características ocorridos na administración pública, a educación e o sector saúde -sectores que concentran máis do 45% das mulleres ocupadas en Europa- non computan. Isto deixa en terra de ninguén un volume elevado dos contratempos laborais que máis afectan ás mulleres.


Os sectores feminizados máis desprotexidos.


En canto á exposición a riscos ergonómicos, tanto EU-OSHA como ETUI expoñen a necesidade de incorporar novos criterios á avaliación, que permitan reflectir problemáticas tipicamente femininas como a exposición a vibracións na industria manufacturera que afectaría ao 30% das mulleres ocupadas, a realización de movementos repetitivos ou o levantamento de persoas (actividades de coidado e sanitarias). Cando se trata de levantar ou mover persoas a prevalencia do risco é moito maior en mulleres (11 %) que en homes (5,8 %). No relacionado coa exposición ao ruído tamén é necesaria unha actualización: mentres que a industria afecta masivamente aos homes, sectores altamente feminizados como a docencia, a restauración, os call centers ou as urxencias hospitalarias, as mulleres están expostas a altos niveis de ruído que resenten de maneira considerable a súa saúde.


A exposición das mulleres a sustancias perigosas segue sendo un dos campos nos que é necesario un maior esforzo de visibilización dos riscos. Segundo EU-OSHA: “as mulleres son maioría nos sectores que están en contacto con sustancias infecciosas e químicos nocivos para a saúde, pero estas exposicións son a miúdo pasadas por alto”. Estes segmentos son tradicionalmente femininos: limpeza, tinturarías, industria ortoprotésica, artes gráficas, laboratorios, barbarías, sanidade ou manufactura téxtil.

Fonte: mulleres&cia

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS