Financiado por:
/ Igualdade

A redución da xornada por fillos a cargo amplíase dende os 8 ata os 12 anos

27-12-2013 - CONCILIACIÓN

O Goberno ven de aprobar un Real Decreto Ley polo que se amplía en catro anos o período de tempo no que os traballadores poden solicitar unha reducción de xornada para o coidado de fillos. Ata o de agora podía optarse á reducción de xornada ata que o fillo cumpría 8 anos, coa nova norma o prazo extenderase ata os 12 anos, segundo se especifica no apartado cuarto do artigo primeiro, sobre o Fomento do traballo a tiempo parcial e da flexibilidade no tempo de traballo.

"Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de doce anos ou unha persoa con minusvalidez física, psíquica ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo diaria, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela".

Ligazón ou descarga directa ao Real Decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empleabilidade dos traballadores.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS