Financiado por:
/ Igualdade

A contribución do diálogo social á igualdade de xénero

29-01-2021 - IGUALDADE

Lograr a igualdade de xénero no lugar de traballo segue sendo un dos maiores retos para os gobernos e os interlocutores sociais. As traballadoras de todo o mundo seguen estando infrarrepresentadas nos órganos e procesos de toma de decisións que determinan os lugares de traballo e os resultados do emprego. Ademais, as consecuencias sociais e económicas da pandemia do COVID-19 afectaron de maneira desproporcionada ás mulleres traballadoras. Isto conleva o risco de ampliar aínda máis as desigualdades de xénero no mundo do traballo. Con todo, o diálogo social e unhas relacións laborais sólidas poden utilizarse como ferramentas eficaces para superar estes retos e promover a igualdade de xénero no traballo.

Esta versión revisada do informe temático "A contribución do diálogo social á igualdade de xénero" analiza as razóns desta situación e identifica as accións que os gobernos, así como as organizacións de empregadoras/es e de traballadoras/as, poden levar a cabo para promover a igualdade de xénero a través do diálogo social.

Baseándose en estudos de casos de todo o mundo, o informe ilustra como o diálogo social pode producir resultados de igualdade de xénero nunha serie de sectores diferentes, xa sexa na economía formal ou na informal, mesmo durante a pandemia, e identifica as circunstancias e os factores que poden axudar a producir un cambio transformador.

O informe tamén examina o papel do diálogo social na aplicación das normas internacionais do traballo pertinentes sobre a igualdade de xénero, incluído o innovador Convenio sobre a violencia e o acoso, 2019 (núm. 190) e a Recomendación núm. 206 sobre o mesmo tema. Conclúe con algunhas recomendacións crave para os gobernos e as organizacións de empregadores e de traballadores.

A contribución do diálogo social á igualdade de xénero

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS