Financiado por:
/ Igualdade

A COVID-19 é unha crise con rostro de muller

22-03-2021 - ONU

Durante a xornada de apertura do 65º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, António Guterres profundou neste pensamento ao destacar que a crise causada pola enfermidade puxo de manifesto o profundamente arraigada que está a desigualdade de xénero nos distintos sistemas políticos, sociais e económicos do mundo e deu varios exemplos diso.

“Esas disparidades agravaron por si mesmas os danos, e todos pagamos o prezo. As mulleres representan o 70% do persoal sanitario mundial e ocupan a maioría dos postos de traballo nos sectores económicos máis afectados pola pandemia.  En comparación cos homes, as mulleres teñen un 24% máis de probabilidades de perder o seu emprego e poden esperar que os seus ingresos diminúan un 50% máis”, alertou.

Engadiu a esta lista o aumento da violencia contra as mulleres, dende os abusos sexuais ata o matrimonio infantil, e o do traballo nos coidados non remunerados, todo iso creando “un dano incalculable” que “repercutirá ao longo de décadas nas xeracións  fututas”.

“A participación igualitaria das mulleres é o cambio que necesitamos. Décadas de probas demostran que a participación das mulleres mellora os resultados económicos, impulsa un maior investimento en protección social, conduce a unha paz máis sostible e fai avanzar a acción climática”, explicou.

Á súa vez, destacou que a pandemia evidenciou o gran poder do liderado das mulleres en contraposición a algúns líderes masculinos “fortes”.

“No último ano, as mulleres líderes atópanse entre as que mantiveron as taxas de transmisión baixas e puxeron aos países na senda da recuperación (…) Pola contra, os países con respostas menos efectivas tenderon a ser aqueles en os que prevalecen os enfoques dos homes fortes, e os dereitos das mulleres están a ser atacados”, evidenciou.

A muller, parte esencial da resposta da ONU ao coronavirus

O Secretario Xeral destacou que a Organización colocou ás mulleres no centro a súa resposta á pandemia mediante a publicación das primeiras avaliacións do impacto da Covid-19 nas mulleres, presionando para incluílas nos paquetes de estímulo e mediante a cooperación con gobernos e comunidades para atallar a violencia de xénero.

A pesar diso, lamentou que cando se abre a mirada á totalidade do mundo segue faltando unha maior representación feminina nos postos de liderado.

“As mulleres apenas representan unha cuarta parte dos lexisladores nacionais en todo o mundo, un terzo dos membros dos gobernos locais e só unha quinta parte dos ministros do gabinete.  Só 22 países están dirixidos por unha muller como Xefa de Estado ou de Goberno. E ao ritmo actual, a paridade entre os Xefes de Goberno non se alcanzará ata 2150”, alertou.

Non se detivo neste punto e sinalou que a pandemia deu outra oportunidade para que os homes sigan dominando a toma de decisións, unha situación desequilibrada e que crea unha visión do mundo cunha única perspectiva.

“Creamos modelos económicos que non miden o traballo produtivo que se realiza no fogar (…) Vemos decisións que ameazan os esforzos por garantir o pleno acceso aos servizos e dereitos de saúde sexual e reprodutiva. E gastamos billóns en armas que non nos fan máis seguros, á vez que descoidamos a violencia que sufriron unha de cada tres mulleres no mundo.

Posteriormente indicou que en moitos países as mulleres se  gradúan a un ritmo maior que os homes na educación superior e que xa posúen a experiencia, capacidade e habilidades necesarias.

 “O que necesitamos non é máis formación para as mulleres, senón formar aos que están no poder sobre como construír institucións inclusivas”, sinalou e chamou a todos os líderes mundiais a establecer cinco puntos crave.

• Conseguir a plena igualdade dos dereitos das mulleres derrogando leis discriminatorias e promulgando medidas positivas.

• Garantir a paridade de representación -desde os consellos de administración das empresas ata os parlamentos, desde a educación superior ata as institucións públicas- mediante medidas especiais e cotas.

• Avanzar na inclusión económica das mulleres mediante a igualdade salarial, os créditos específicos, a protección do emprego e os investimentos significativos na economía dos coidados e a protección social.

• Establecer en cada país un plan de resposta de emerxencia para combater a violencia contra as mulleres e as nenas, e darlle seguimento con financiamento, políticas e vontade política.

• Dar paso á transición entre xeracións que xa está en marcha. As mulleres novas promoven un mundo máis xusto e igualitario, e merecen un maior apoio, desde a primeira liña de fronte ata internet.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS