Seguridade e saúde laboral para T+55: riscos novos e emerxentes29-12-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGNo actual contexto no que a esperanza de vida supera en 20 anos a idade de abandono da actividade laboral, as previsións para a sociedade española indican que de cara ao ano 2.050 teremos menos poboación e máis avellentada. Neste horizonte temporal relativamente próximo, dende os distintos estados da UE considérase necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, retrasando a súa idade de saída do mercado laboral como medio para aliviar no posible a presión sobre os sistemas de protección social. O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de publicar a Guía "Seguridade e Saúde Laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes", incluída dentro do proxecto do mesmo título no que estivemos a traballar neste ano 2016. | ![]() |
|---|
Os materiais elaborados no marco desta acción están aloxados de forma permanente na sección web T+55 ubicada na portada da nosa web.
Tanto a Guía como os artigos elaborados están dispoñibles únicamente en formato dixital e poden ser visualizados e descargados dende o espazo web T+55: riscos novos e emerxentes
A Guía preséntase en dous formatos, co mesmo contido, co fin de que cada usuario poida elexir o que lle resulte máis axeitado.
Guía Seguridade e saúde laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes. Formato libro pensado para impresión
Guía Seguridade e saúde laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes. Formato indicado para visualización en pantalla