Risco químico: Guía básica de produtos05-04-2013 - Xornada de presentaciónO día 27 de marzo de 2013 desenvolveuse no Salón de actos da CIG en Ferrol, o acto de presentación da publicación "Risco químico: guía básica de produtos". Esta publicación foi elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG co financiamento da "Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales". |
|---|
No acto estiveron presentes, ademáis de responsables sindicais e delegados e delegadas da nosa organización sindical, o Director do Centro ISSGA en A Coruña, experto en hixiene industrial e asesor do grupo de traballo sobre valores límite da Comisión Nacional de Seguridade e saúde no Traballo o director do Centro do ISSGA en Pontevedra, recoñecido experto en seguridade, e o Xefe de Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
O documento, concebido como un complemento da guía "Risco químico: guía básica de información e sensibilización" elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no ano 2011, compila información relativa a produtos químicos de uso frecuente no noso entorno. Consta de 6 capítulos entre os que destacamos o adicado á clasificación de produtos e ás medidas preventivas e de actuación en caso de emerxencia química.
A versión dixital desta guía, así como a da súa predecesora, están a disposición para a súa descarga de balde na web www.cigsaudelaboral.org a través das seguintes ligazóns
Risco químico: Guía básica de produtos
Risco químico: Guía básica de información e sensibilización