Co financiamento de:
/ Gabinete

Lembranza a Miguel Martínez Losada

09-04-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

No dia de onte faleceu o compañeiro Miguel Martínez Losada, importante promotor e impulsor entre outros/as do proceso de creación e constitución do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), do que logo foi o seu primer director. Iniciativa esta ao redor da cal Miguel conseguíu agrupar os consensos e as vontades do conxunto das organizacións empresariais e sindicais na procura da mellora da prevención de riscos e a saúde laboral no noso País.

Amosou na súa traxectoria profesional gran dedicación e capacidade de traballo, e fixo gala unha disponibilidade franca e honesta para atender ás demandas de información e colaboración, fora quen fora o interlocutor social e independente da súa ideoloxía ou adscrición. Vaía dende aquí para Miguel o noso cariño e o noso recoñecemento.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS