Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG26-03-2019 - Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSPA Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2018 - 0038. |
|---|
Dentro de esta acción están enmarcados os proxectos “Gabinete público de asistencia técnica en prl” e “Iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prl: Boletíns períodicos CIG-Saúde Laboral, actualización e mantemento da plataforma www.cigsaudelaboral.org”.
O proxecto "Gabinete público de asistencia técnica en prl" pon a disposición de usuarios e usuarias, ademáis dos puntos de asistencia presenciais ubicados nos locais da CIG de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo, dos que poden atoparse os datos de ubicación e contacto na sección "Contacto" da web www.cigsaudelaboral.org, o servizo de asistencia técnica on line, que posibilita a través da cumplimentación dun sinxelo formulario, accesible dende o espazo específico denominado "Asesoramento técnico" ubicado na portada da web www.cigsaudelaboral.org, que un técnico/a superior en prl contacte co/coa solicitante a través de correo electrónico ou vía telefónica co fin de axudarlo a resolver o seu problema.
En relación ao Boletín CIG Saúde Laboral, nos vindeiros meses publicaranse os números 31, 32, 33, 34 e 35, que os suscriptores recibirán na súa caixa de correo. Para ser suscriptor, pode tramitarse a alta a través da portada da web www.cigsaudelaboral.org.
E para rematar, traballaremos para ampliar contidos e mellorar a usabilidade da web www.cigsaudelaboral.org, a fin de que resulte máis cómoda e poida atoparse a información en materia de prl e saúde laboral que buscas nun click.